19 noviembre, 2026

O LÍDER DOS SOCIALISTAS GALEGOS, VALENTÍN GONZÁLEZ FORMOSO, DEFENDE A CONTINUIDADE DAS EMPRESAS PESQUEIRAS RADICADAS NA COSTA POLO SEU CARÁCTER ESTRATÉXICO E COMO CENTRO DE XERACIÓN DE EMPREGO

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, defendeu hoxe a continuidade das empresas do sector mar industria radicadas na costa “polo seu carácter estratéxico e como centro de xeración de emprego». Así o dixo durante a visita á planta de Stolt Sea Farm en Lira -Carnota- xunto co alcalde, o socialista Juan Manuel Saborido. Valentín González Formoso visitou hoxe a planta de Stolt Sea Farm radicada en Lira que, sinalou, “fora pioneira no seu momento, e hoxe é unha das máis importantes do sector piscícola a nivel europeo”.
Formoso sinalou que a pesca “é un dos sectores estratéxicos a protexer” como centros de xeración de emprego no ámbito rural – costeiro. Subliñou que “o apoio do PSdeG á produción pesqueira de Galicia pasa por apoiar a presenza de instalacións que necesariamente teñen que estar no dominio público marítimo – terrestre”. Neste sentido, reiterou a aposta dos socialistas galegos por que Galicia xestione a competencia no dominio público marítimo

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX