O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiu hoxe a doar sangue nunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue instalada en Miño. Acompañado polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou a necesidade de manter as boas cifras de doazóns tamén na época estival.
