14 C
Chicago
22 septiembre, 2026

O PORTUS APOSTOLI FAI OFICIAL A CHEGADA DE JOÃO BATISTA

O Municipal Agustín Mourís gozará dun dos nomes propios da última década na liga española, onde o Noia volve recrutar tras un breve paso por Rusia, despois de destacar no Barça e Palma Futsal. “João Batista” no mundo do fútbol sala, é toda unha fichaxe de campanillas para o Portus Apostoli.
Sabedoría da categoría, experiencia ao máis alto nivel, liderado sobre o parqué e indubidable talento envolven á cuarta incorporación noiesa para o curso do debut na Primeira División nacional. A ela regresa João Batista, un dos nomes propios da pasada década na LNFS formando parte importante de dous potentes equipos como Barça e Palma Futsal, e tras xogar a pasada campaña no Norilsky Nickel ruso.
Antes de todo iso, João formouse como futbolista no seu Brasil natal. Nun torneo internacional que disputou co seu equipo, o AD Hering, atraeu a vista de grandes clubs, entre eles o Palma Futsal, que se fixo cos seus servizos, previo paso polo Gitpasand iraniano. A partir de aí, unha remarcable carreira na elite, logrando establecerse nela e conseguir no proceso o trofeo da Copa do Rey en 2018 e o subcampeonato de Liga en 2017 e 2018 co Barça.
Agora, aos seus 33 anos, continúa a súa carreira no Noia Portus Apostoli FS, buscando sumar todos os seus coñecementos e habilidades á causa conxunta de manter ao conxunto noiés na Primeira División.
Coa de João Batista son xa catro fichaxes e sete renovacións, en total once xogadores confirmados para o Noia Portus Apostoli FS 22/23, con aínda as últimas pezas por confirmar, a poucas semanas de dar inicio á pretemporada.

Related posts

O PORTUS APOSTOLI NON PUIDO CO JAÉN E PERDEU NO OLIVO POR 6-3

CloudyX

O CD BOIRO SUMOU ESTA FIN DE SEMANA UNHA IMPORTANTE VITORIA A DOMICILIO TRAS IMPOÑERSE AO SILVA SD NO CAMPO DA GRELA.

CloudyX

O CLUB DE REMO CABO DE CRUZ PECHOU ESTA FIN DE SEMANA A TEMPADA COA DISPUTA DA XORNADA FINAL DO PLAYOFF DE ASCENSO Á LIGA ACT.

CloudyX