18 noviembre, 2026

A FEIRA MEDIEVAL DE NOIA FOI TODO UN ÉXITO.

A 23º Feira Medieval de Noia volveu por todo o alto. Un total de 170 postos estiveron montados desde o venres ata o domingo na rúa do Ferrador. Tras dous anos de pandemia, a xente tiña gañas de vovler a disfrutar deste espectáculo. Sen dúbida, o que máis éxito tivo foi o desfile de fachos que se levou a cabo o sábado. Segundo a concellería de Cultura, este tipo de actividades pretenden dar a coñecer a historia a través do ocio. Tamén se dispuxo dun taller infantil, onde se elaboraron traxes, espadas e outro tipo de equipamentos da época. Así mesmo, outra das novidades exitosas foi a dos artesanos, que cada ano van en aumento, e esta edición fixeron un total de 25, que manteñen así a presentación dos gremios, de ferro ou vidro. Desde a concellería de Cultura de Noia aseguran que esta edición superou todas as expectativas, sendo a Feira máis ambiciosa que nunca antes crearan.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX