Catro meses despois de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciase que o Goberno ía impulsar un gran pacto de rendas, o Executivo –representado por oito ministros, comandados pola vicepresidenta primeira, Nadia Calviño– e os axentes sociais volveron sentar este mércores para abordar un tema controvertido e complexo. Calviño mantivo na súa comparecencia un gran hermetismo, pero si desvelou que o seu obxectivo é unha moderación das rendas empresariais e salariais ata 2025. «Neste momento é esencial que as marxes empresariais non se amplíen e os salarios crezan de maneira moderada para evitar a persistencia da inflación», defendeu a vicepresidenta. Os cidadáns sinalan que sería bo que creceran os soldos aínda que podería haber consecuencias.
