O Goberno Local de Noia continúa a súa aposta polo deporte, e desta vez faino co anuncio de diferentes investimentos relacionadas con algunhas das instalacións deportivas existentes. Así, o alcalde de Noia indicou unha serie de obras e melloras que se levaran a cabo no Agustín Mourís, que recolle a accesibilidade así como o acondicionamento de diversas zonas interiores.
