O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, visitou hoxe as obras de remodelación e ampliación do Hospital Público Gran Montecelo, en Pontevedra. Nese escenario Rueda afirmou que o novo equipamento do hospital será punteiro e evitará que os preto de 500 pacientes da área sanitaria que se desprazaban a Vigo para recibir radioterapia poderán obter o seu tratamento en Pontevedra.
