18 noviembre, 2026

O SERVIZO DE EMERXENCIAS DE NOIA RECIBE A ENTREGA DE EQUIPOS DE EXCARCELACIÓN PARA RESCATE POR PARTE DA XUNTA.

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, fixo entrega hoxe do seu respectivo equipo de excarceración para tarefas de rescate e actuacións en emerxencias aos GES de Friol e Mos e ao servizo municipal de emerxencias de Noia. Ao acto tamén acudiron o xerente da Axencia Galega de Emerxencias ( AXEGA), Marcos Araújo e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. Estes novos equipos supuxeron un custo total de 170.400 euros -máis de 56.800 euros cada un deles-, o que mostra o compromiso do Goberno galego coas emerxencias e co persoal que traballa neste servizo na comunidade co obxectivo que conten cos medios idóneos e necesarios nas súas intervencións.

Related posts

NOIA DÁ UN PASO MÁIS PARA A CONSTRUCIÓN DO NOVO CENTRO DE SAÚDE

CloudyX

A GALA DE ENTREGA DE PREMIOS PUXO O PUNTO E FINAL A UNHA NOVA EDICIÓN DA MOSTRA DE CURTAS DE NOIA

CloudyX

NOIA EXALTARÁ O SEU BERBERECHO DO 26 AO 29 DEE NOVEMBRO

CloudyX