19 noviembre, 2026

O CONCELLO DA POBRA E DE RIBEIRA SOLIDARÍZANSE COAS FAMILIAS DOS FALECIDOS DO ALBACORA CUATRO

– A corporación municipal da Pobra do Caramiñal acordou declarar loito oficial polo suceso acontecido no Albacora Cuatro, que estaba atracado en Puerto Victoria, nas Seychelles. Estábanse efectuando traballos de reparación no barco cando se produciu un escape de amoníaco que provocou o falecemento de dous tripulantes, un deles residentes na Pobra do Caramiñal. O loito oficial estenderase dende as 12.00 horas deste 17 de xuño ata as 24.00 horas do día 18; tempo durante o que a bandeira do municipio permanecerá a medio mastro. Tamén se determinou solicitar ás administracións competentes a máxima dilixencia na repatriación dos corpos.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX