No día de hoxe a Asociación de Noia Histórica presentou a campaña O Noso Camiño, na que levan traballando varios meses. espois de anos de traballo, moito esforzo e loita por un recoñecemento lexítimo, en decembro de 2020 o Cabido da Catedral de Santiago recoñeceu este camiño como Camiño de Santiago, ruta Xacobea, e polo tanto percorrido con dereito á obtención da Compostela. Con esta campaña queren dar visibilidade a este camiño e poñer en valor un nomeamento que, as veces, pasa de puntillas entre os veciños e turistas pero que ten unha importancia excepcional.
