O Consello de Ministros aprobou o martes o proxecto de lei de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario xa presentado o pasado mes de outubro. A nova norma, que deberá pasar pola súa tramitación nas Cortes, mantén en liñas xerais as mesmas accións xa presentadas no borrador, implicando a todos os axentes da cadea alimentaria nunha serie de obrigacións co obxectivo de combater o malgasto de alimentos.
