22 noviembre, 2026

O GOBERNO COMPROMÉTESE A NON SUBIR OS PREZOS DA NOVA TEMPADA DOS VIAXES PARA MAIORES DO IMSERSO.

As viaxes para maiores do  Imserso están moi preto de recuperar a normalidade despois de case dous anos de suspensión obrigada pola pandemia de coronavirus. Os altísimos índices de vacinación contra a  covid entre os xubilados españois e a implantación de protocolos de seguridade permitiron recuperar esta popular actividade lúdica subvencionada despois do nadal.
Ione Belarra, ministra de Dereitos Sociais,  indicou que, para favorecer esta normalización e botar unha man aos maiores, un dos colectivos máis castigados pola enorme alza da inflación, o Executivo comprométese a manter conxelados os prezos da oferta de viaxes do  Imserso da nova tempada, «a que non terán nin un céntimo de subida».

Related posts

O BNG ESIXE SOLUCIÓNS URXENTES AOS PROBLEMAS DO TRANSPORTE PÚBLICO REXISTRADOS NA COMARCA

CloudyX

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX