A evolución da seguridade, os dispositivos de protección cidadá previstos para os festexos da tempada estival e o seguimento dos casos de violencia de xénero centraron a Xunta Local de Seguridade do Concello da Pobra do Caramiñal que se desenvolveu neste 2 de xuño, copresidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e polo alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e precedida dunha visita ás instalacións da Garda Civil e da Policía local. Retómanse así estes encontros de traballo periódicos trala pausa ocasionada pola pandemia.
