19 noviembre, 2026

O GOBERNO ESPAÑOL PROPÓN NOVAS COTAS DE ENTRE 250 E 550 EUROS PARA OS AUTÓNOMOS.

O Ministerio de Integración, Seguridade Social e Migracións segue tentando obter un pacto coas tres asociacións de autónomos (ATA, Upta e Uatae) para que dean o visto e prace á reforma da cotización do RETA (Réxime Especial de Traballadores Autónomos) para o próximos tres anos, revisable. Así, para quen acredite unha facturación igual ou inferior a 670 euros mensuais (a súa base mínima de cotización sería de 816,99 euros), a cota para abonar á Seguridade Social sería de 250. Segundo UPTA, 1.307.464 autónomos (o 41% do total) beneficiaríanse dunha rebaixa de 57 euros con respecto á cota que abonan baixo o actual sistema (307). Os veciños da comarca ven satisfactoria esta medida

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX