20 noviembre, 2026

O PRESIDENTE DA XUNTA DESTACA QUE A GRATUIDADE DA EDUCACIÓN INFANTIL CONTRIBUIRÁ Á ECONOMÍA DOS FOGARES CUN AFORRO MEDIO ANUAL DE ENTRE 1.500 E 2.000 EUROS POR NENO

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a gratuidade da educación infantil contribuirá á economía dos fogares, cun aforro medio anual de entre 1.500 e 2.000 euros de media por neno.
Durante unha visita, xunto á conselleira de Política Social e Mocidade, Fabiola García, ás instalacións da escola infantil pública autonómica de Campolongo, Rueda incidiu en que Galicia será a primeira comunidade de España na que a educación infantil será 100% gratuíta, xa sexa en centros públicos, en privados ou de iniciativa social.
Despois de precisar que esta iniciativa supoñerá un orzamento anual de 50 millóns de euros e beneficiará a máis de 30.000 pequenos, o titular do Goberno galego aseverou que este esforzo investidor non podía chegar nun momento máis necesario, no que os prezos volven subir.

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX