O Auditorio do Centro Social de Cabo de Cruz acolleu unha xuntanza entre os bateeiros da ría, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero. Na reunión fíxose fincapé na importancia do sector para Galicia e reclamáronse solucións a un conflito que está a repercutir na actividade dos mexilloeiros.
