O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acudiron á presentación do proxecto de ampliación da rede de saneamento municipal de Padrón. No acto o presidente da Xunta destacou a importancia da Lei do ciclo integral da auga, que se atopa en tramitación parlamentaria, para axudar aos concellos a xestionar os seus servizos de xeito ordenado e planificado.
