19 noviembre, 2026

A POBRA ACADA A CATEGORÍA DE EXCELENTE EN SETE ZONAS DE BAÑO.

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal, detallou a clasificación sanitaria final das zonas de baño do municipio, reflectindo datos da Xefatura Territorial da Consellaría da Sanidade. Segundo se fai saber, tódalas praias valoradas reciben a cualificación de “excelente” segundo o sistema de cálculo establecido na Directiva 2006/7/CE: A Barca, A Corna, Os Areos, A Illa, A Lombiña e Os Raposiños. Ademais, de xeito complementario, o Concello engadiu que está previsto que se realicen as acostumadas probas rutineiras destinadas a coñecer a calidade das augas e avaliar a súa evolución dende o día 23 de maio ao 25 de setembro deste ano

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX