O mercado municipal da Pobra participa na campaña internacional “Quere o teu mercado”. A través da iniciativa búscase poñer en valor o papel das prazas de abastos e fomentar a compra nestes lugares, que ofrecen unha ampla variedade de alimentos frescos e de calidade.
