19 noviembre, 2026

A POBRA IMPLANTA A COMPOSTAXE COMUNITARIA EN TRES ESPAZOS.

A Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal amplía o proxecto da compostaxe no municipio coa implantación de tres composteiros comunitarios situados na zona do Castelo (entre o edificio de usos náuticos e as pistas deportivas), do Caramiñal (a carón das pistas de Raquel Fernández Soler) e en Venecia (na contorna do paseo da Xunqueira); un modelo de compostaxe dirixido a persoas residentes en edificios e vivendas unifamiliares sen terreo. Estes estarán xestionados por persoal municipal para controla-lo proceso da compostaxe e o correcto uso por parte da veciñanza. En caso de producirse algunha incidencia puntual como mal olor ou animais roldando, está ó dispor a Área do Medio Ambiente para resolve-la situación na maior brevidade posible.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX