A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou esta mañá as instalacións do centro de día e ocupacional de Adisbismur, en Outes. A titular de Política Social coñeceu de primeira man o traballo que se realiza nas instalacións coas persoas con diversidade funcional da bisbarra de Muros e definiu á entidade como referente en Galicia.
