O Goberno galego creará as chamadas áreas empresariais estratéxicas como unha figura nova coa que poder ofrecer, de forma máis áxil e eficaz, reservas de solo capaces de acoller actuacións empresariais clave e imprescindibles para o desenvolvemento económico de Galicia. Esta é unha das principais novidades da futura Lei de áreas empresariais, un documento que centrou a reunión que mantiveron hoxe no Polígono do Tambre a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, e unha representación da directiva da Federación galega de parques empresariais, que reúne ás principais áreas deste tipo da Comunidade.
