O Concello de Muros continúa a traballar na mellora de diferentes demandas veciñais, Desta vez coa chegada de 3 novas marquesiñas que foron entregadas por parte da Xunta co obxectivo de ofrecer aos usuarios do transporte público unha espera máis cómoda. O obxectivo da Xunta é dotar de instalacións axeitadas as paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano que ofrezan ao usuario unha protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera.
