O presidente do Goberno galego en funcións, Alberto Núñez Feijóo, avanzou tras a celebración do Consello da Xunta un investimento próximo aos 50 millóns de euros para a formación de persoas desempregadas. A iniciativa estima que axudará a 12.000 galegos nesta situación a través de máis de 1.200 cursos.
