O presidente da Xunta en funcións, Alberto Núñez Feijóo, visitou as novas instalacións do primeiro albergue público de peregrinos do Camiño de Inverno no Saviñao. Situado no antigo Pazo Bispal de Diomondi, Ben de Interese Cultural, conta con todo tipo de servizos entre os que se inclúen 34 prazas que garanten a accesibilidade e inclusividade.
