O Concello de Boiro acolleu a visita da Confederación de Empresarios da Coruña, encabezada polo seu presidente, Antonio Fontenla. Fontela destacou o dinamismo empresarial do municipio e recordou que Boiro é un dos 25 municipios con maior PIB de Galicia e que a industria e os servizos son os grandes motores de xeración de riqueza e creación de emprego.
