Un dos temas que máis controversia pode chegar a levantar é a posibildiade da unión de dous territorios que están acostumados a vivir independentemente. É o que lle pasa aos veciños do Barbanza cando se lles pregunta sobre a súa opinión con respetico á fusión con concellos limítrofes. Isto nace logo dun estudo e iniciativa que a Xunta está impulsando, co fin de reducir o número de concellos e así mellorar a prestación de servizos ou reducir gastos. Polo de agora, salvo algunha excepción, no barbanza non sería ben acollida. Aínda que entre parroquias si.
