19 noviembre, 2026

AS PROBAS DE SELECTIVIDADE EN GALICIA TERÁN LUGAR OS DÍAS 7,8 E 9 DE XUÑO.

Achégase o final do curso lectivo para os alumnos de Segundo de Bacharelato, que deberán enfrontarse a principios do mes de xuño á temida Selectividade. A  EBAU deberá acabar como tarde antes do 16 de xuño en convocatoria ordinaria e, por terceira vez, volverá seguir as regras suavizadas que permiten dispoñer aos alumnos dunha maior marxe para elixir as preguntas.
Polo momento, o sector da educación non volveu á normalidade do todo. De feito, do mesmo xeito que ocorreu nas dúas convocatorias anteriores, os alumnos seguirán dispoñendo dunha marxe moita maior á hora de elixir as preguntas do exame e, ademais, poderán presentarse aínda que teñan unha materia suspensa se así o decide o claustro de profesores do seu instituto. A día de hoxe a maioría dos alumnos seguen acudindo á selectividade, pero a tendencia vai cambiando cos anos.

Related posts

ALLEGUE RECLAMOU AO GOBERNO CENTRAL A PARÁLISE DA SUBA DOS PREZOS DA AP-9 PARA O 2027

CloudyX

O PSDEG REIVINDICOU EN AMICOS O DEREITO DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE A PARTICIPAR NA VIDA POLÍTICA

CloudyX

A GARDA CIVIL DESMANTELOU UN GRUPO ESPECIALIZADO EN ROUBOS CON FORZA E VIOLENCIA

CloudyX