A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na Cidade da Cultura na presentación do Proxecto Ruta Galicia Emplea onde destacou o valor desta iniciativa para a comunidade. Tamén apelou á unión de esforzos públicos e privados para lograr un mercado con máis oportunidades. Parte da iniciativa desenvolverase no autobús itinerante da empresa Clece, que percorrerá Galicia para ofertar 280 postos de traballo.
