O pasado ano Portos de Galicia publicou unha nova normativa a través da que regula a pesca recreativa nos peiraos. A medida limita a pesca en numerosos portos autonómicos, ademais de obrigar aos afeccionados a ter unha póliza de seguro de accidentes. Recentemente o ente dependente da Consellería do Mar mandou aos concellos afectados un convenio que recolle que os gobernos locais teñen que facerse cargo dunha serie de cuestións que non entran nas súas competencias. Esta mañá os concellos de Rianxo, A Pobra, Boiro e oito máis acordaron unha serie de puntos.
