A conselleira de Infraestruturas e Mobilidad, Ethel Vázquez, anunciou hoxe a licitación por importe de 2 millóns de euros das obras de mellora da seguridade viaria na PO-223 e na PO-224, en Santo André de Xeve, que transformarán a mobilidade nesta parroquia do concello de Pontevedra
Segundo adiantou a conselleira, o obxectivo é iniciar os traballos a finais do verán, cun prazo de execución de 18 meses. Explicou que xa se está xa a avanzar no proceso expropiatorio das 46 leiras afectadas: en marzo convocáronse as actas previas e no mes de xuño están previstas as actas de ocupación
