O 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e o Concello da Pobra contará con dúas actividades para celebralo. A biblioteca municipal Victoriano García Martí e o Museo Valle-Inclán albergarán dous contacontos para un público infantil, aínda que están abertos a todas as idades.
