O incremento do prezo do combustible segue a condicionar o traballo da frota pesqueira. O vicepresidente de Cerqueiros Galegos, Gonzalo Pérez, sinala que o gasoil debería quedar en 60 céntimos o litro, aínda que conseguilo é case imposible. O sector tamén ten a atención posta no que fará Europa coa bonificación do combustible.
