Coa chegada dunha Semana Santa case normal despois de dous anos de restricións e pandemia espérase máis movemento de xente na comarca. Un dos sectores que espera verse reactivado nestas datas é o da restauración, que afronta estas datas cunhas expectativas que melloran as dos anos da pandemia.
