O Pazo do Hórreo acolleu hoxe a entrega das Medallas do Parlamento de Galicia ao Valedor do Pobo, o Consello de Contas e o Consello da Cultura Galega. No acto estivo presente o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que resaltou o labor dos órganos de control e definiu o Parlamento como tempLo das liberdades galegas.
