Co inicio do mes de abril entran en vigor as medidas do Plan de Choque do Goberno central para reducir o prezo dalgúns servizos e produtos. Unha das máis agardadas é a redución de 20 céntimos no combustible, que provocou longas colas nas estacións de servizo da comarca. Dende o sector definen o día de hoxe como complicado e complexo.
