A complicada situación pola que está pasando o sector do mar non é diferente no cerco galego. Logo das medidas que o Goberno Central anunciou o pasado martes, e que os pesqueiros as consideran insuficientes, desde o sector aseguran que unha vez rematen as campañas que están actualmente activas, moita xente deberá ir ao paro.
