O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe tras o consello da Xunta que 66.400 fogares galegos comezarán a percibir ao longo do mes de abril o importe que lles corresponde do bono social térmico e o complemento extraordinario de 100 euros que vén de activarse. Feijóo afirmou que así se dá cumprimento ao compromiso adquirido no Plan de choque de axilizar esta axuda e ampliala.
