O IES da Pobra e a concelleira de Servizos Sociais do municipio unen forzas unha vez máis para previr condutas aditivas no ámbito escolar. Desta vez a acción está dirixida ao alumnado de 1º da ESO que asistiu esta semana a dous obradoiros centrados no uso dos móbiles e outras tecnoloxías.
