O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o incremento do 40% dos fondos destinados a apoiar a investigación no Plan de financiamento universitario 2022-2026, ata os 400 millóns de euros.
Nesta liña, subliñou que a Administración autonómica leva anos desenvolvendo ferramentas que están a axudar a consolidar “o noso modelo de investigación”. Así, en 2016 iniciouse unha reorganización e mellora dos centros de investigación do sistema universitario, para situalos como unha referencia de I+D+i.
