A evolución dos contaxios de covid aséntase na comarca, deixando entrever un camiño cara ao descenso. Ribeira conta con 189 positivos a dúas semanas, sete menos que onte, e 93 a sete días, unha caída de 11. Boiro rexistra 191 casos a catorce días, catro menos que na xornada anterior, e 85 a unha semana, un descenso de nove. Noia mantense con 156 contaxios a catorce días pero a unha semana a cifra cae en cinco ata os 64. Na Pobra hai 82 positivos a dúas semanas, un menos que onte, e 33 a sete días, unha caída de cinco.
