O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou o reforzo do Plan de Choque da Xunta co compromiso de axudas directas para os sectores agropecuarios máis afectados pola alza descontrolada dos prezos derivada da invasión rusa de Ucraína, no caso de Galicia especialmente o sector do vacún de carne e de leite. Tamén se reforzou este plan coa ampliación do Programa Renove Automoción.
