O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, compareceu esta mañá ante o Pleno da Cámara do Parlamento galego. Na súa intervención, Feijóo afirmou que a situación que se está a vivir en España e en Galicia é moi preocupante. Sinalou que se está a vivir unha situación crítica de grande incerteza a todos os niveis, que probablemente se agrave nos próximos días.
