O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu esta mañá á presentación do proxecto do novo CHUAC, acompañado da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. Nese escenario Feijóo resaltou que se trata do maior investimento da sanidade pública galega, que ascende a 430 millóns de euros.
