20 noviembre, 2026

O PRESIDENTE DO GOBERNO GALEGO ANUNCIA A PRÓXIMA ADXUDICACIÓN DE 102.000 METROS CADRADOS DE SOLO NO PILSAN, A MAIOR SUPERFICIE ASIGNADA ATA O MOMENTO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a conselleira Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez,  reuníronse esta semana co director de Lonza Biologics Porriño S.L, Keith Dailey, co que abordaron a incorporación da empresa á Plataforma Loxística e industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan).
Lonza investirá máis de 5,4 millóns de euros na adquisición de catro parcelas, en réxime de dereito de superficie, e converterase así na quinta firma que se asentará na Plisan. Trátase da maior adxudicación de superficie de solo empresarial asignada ata o momento na Plisan, 102.000 metros cadrados.
Deste xeito, confírmase o bo momento da Plisan  e o efecto chamada de empresas, tal e como demostra o feito de que chegasen tres firmas no que vai de mes. Así, a superficie total adxudicada xa ascende a 214.000 m2, cun prezo global de adquisición de 11,23 millóns de euros.
Non obstante, aínda están dispoñibles máis de 134.000 m2 urbanizados —31 parcelas—, que se poden adquirir en réxime de compravenda ou dereito de superficie, neste segundo caso cun canon moi reducido. O procedemento para adxudicación directa atópase aberto ata o vindeiro 30 de abril.

Related posts

AS POLÍTICAS DE IGUALDADE CENTRARON O DEBATE NA SESIÓN DE CONTROL DO PARLAMENTO DE GALICIA

CloudyX

O PARLAMENTO DE GALICIA APROBOU A LEI DE EDUCACIÓN DIXITAL DE GALICIA

CloudyX

ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO DEFENDEU EN SANTIAGO A SÚA PROPOSTA PARA PRESIDIR ESPAÑA

CloudyX