A xornada de hoxe deixa novos positivos en todos os concellos do Barbanza, agás en Muros. O municipio muradán reduce os casos, xa que ten 69 a dúas semanas, sete menos que onte, e mantense con 29 a sete días. O resto conta cun incremento dos mesmos, aínda que lixeiro. Ribeira contabiliza 237 contaxios a catorce días, catro máis que no día anterior, e 96 a unha semana, un aumento de catro. En Boiro hai 228 positivos a dúas semanas, un máis que onte, e 106 a sete días, unha subida de cinco.
Noia rexistra 153 casos a catorce días, seis máis que na xornada anterior, e 92 a unha semana, un incremento de cicno. Rianxo ten 130 contaxios a dúas semanas, sete menos que onte, sen embargo a sete días suma un para un total de 55. A Pobra conta con 101 positivos a catorce días, cinco máis, e 49 a unha semana, un aumento de catro. En Porto do Son permanecen con 51 casos a dúas semanas, mentres que a sete días a cifra crece en dous ata os 26. Outes rexistra 52 contaxios a catorce días, tres máis que onte, sen emabrgo a unha semana mantense en 24. Lousame conta con 27 positivos a dúas semanas, tres máis que onte, e segue con 19 a sete días.
Galicia suma novos contaxios xa que hoxe se detectaron 2.155 novos positivos e os casos activos acenden a 20.984, 800 máis que onte. As hospitalizacións tamén se incrementan. Hai 386 persoas ingresadas por coronavirus, dez máis que onte. En planta permanecen 362, doce máis que na xornada anterior, mentres que en coidados intensivos a cifra baixa en dous e hai 24 pacientes.
