Achégase unha data marcada no calendario para as librerías: o 19 de marzo. Son moitos os que apostan por regalar libros aos pais a aos Xosés, pero este ano quizais non sexa como os anteriores. O sector afirma que están a sufrir unha época baixa de vendas, agora afectada tamén pola folga no transporte.
