24 noviembre, 2026

OS CASOS DE COVID DESCENDEN EN MUROS, NOIA, PORTO DO SON E OUTES, AÍNDA QUE AUMENTAN NO RESTO DA COMARCA.

A evolución dos positivos rexistra unha nova alternancia nos concellos da comarca. Noia, Muros, Porto do Son e Outes contan cun descenso dos mesmos. No municipio noiés hai 141 casos a dúas semanas, tres menos que onte, e mantense con 80 a sete días. Muros contabiliza 78 contaxios a catorce días, sete menos que na xornada anterior, e 30 a unha semana, un descenso de tres. Porto do Son ten 48 positivos a dúas semanas, dous menos que onte, e 20 a sete días, unha caída de dous. Outes conta con 43 positivos a catorce días, unha baixada de sete, e 22 a unha semana, un menos.

Related posts

O BNG ESIXE SOLUCIÓNS URXENTES AOS PROBLEMAS DO TRANSPORTE PÚBLICO REXISTRADOS NA COMARCA

CloudyX

O MEXILLÓN REDUCE A SÚA CALIDADE DESPOIS DO VERÁN

CloudyX

A FEDERACIÓN GALEGA DE NATACIÓN BUSCA LÍDER

CloudyX