O Goberno de España investirá 61,2 millóns de euros en novo equipamento tecnolóxico para os centros sanitarios da comunidade galega. A través dos fondos europeos Next Generation do Plan de Inversión en Alta Tecnología, dotarase de 76 equipos aos hospitais de Galicia. Así o confirmou a ministra de Sanidad, Carolina Darias, na visita que realizou ás instalacións do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Estes novos equipos permitirán mellorar a capacidade diagnóstica e terapéutica grazas á detección de enfermidades en estadios temperás.
