A evolución dos positivos volve a rexistrar un pequeno incremento no Barbanza, onde só Ribeira, Porto do Son e Lousame reducen o número de casos. No municipio ribeirense hai 229 contaxios a dúas semanas, cinco menos que onte, e a sete días a cifra baixa dos 100, xa que hai 98, un descenso de 19. Porto do Son non se move dos 50 positivos a catorce días, e a unha semana reduce en dous os casos, que baixan ata os 22. Lousame mantense con 22 casos a dúas semanas pero a sete días ten 12, unha caída de tres.
